Diferenzas sobre un currículo
Primeira xornada en terras portuguesas, primeira colleita de observacións e primeira tanda de consideracións. Onte, cun algo romántico desenfreo, estaba ben disposto a borrar a raia que divide horizontalmente o terzo occidental da Península Ibérica. Hoxe, moi ao contrario, estou a gozar das vantaxes dunha fronteira. A todo isto lle cómpre unha aclaración, ben o sei. En todo caso, permíteme, lectora ou lector, unha consideración máis e un breve percorrido polos acontecementos do día antes de achegarme ao asunto das fronteiras.
A consideración, máis que obvia por outra parte, é a seguinte: terras raianas, terras fronteirizas, terras nas que todo anda un tanto mesturado e difuso. Pero, a pesar de todo, en que modo tan abrupto mudan moitas cousas ao pasar a raia! E aquí non vou enredar falando da invasión dos tarros de doce de cabaza nos andeis das tendas de alimentación ou como a noso martes muda en terça-feira; vou ir ao meu, corcheas e maís semicorcheas.
Antes, iso si, a segunda parte da miña petición: un parágrafo, ou dous, ou catro, para recoller os pormenores da xornada. Tentarei, tamén aquí, non prender nos detalles.
O comezo do día? Pois, como escribía en Twitter: café, café, repaso e avaliación outra vez duns Clarks e máis un paraugas lowcost. Despois, autobús a Santiago, encontro coa miña compañeira de viaxe Paula, profesora de clarinete no conservatorio, e outra ración de coche de liña, agora xa, a Braga. Descarga de bagaxes diversos no hotel e un chuvioso e pedestre cuarto de hora para achegarnos ao conservatorio.
O recibimento, impecable! As profesoras Joana e máis Patricia, e o profesor Ricardo acolléronnos da mellor maneira posible: agasallo, tempo, amabilidade, atención, acompañado todo isto de paciencia co noso moi escaso portugués! Aínda que puidemos coñecer neses primeiros momentos tamén ao equipo directivo e a diferentes docentes e traballadores do centro, a primeira hora a pasamos percorrendo todos os espazos do edificio coñecendo ao mesmo tempo a moitos dos docentes do conservatorio. Aquí caberían xa unhas cantas consideracións, pero soamente direi que non nos foi preciso moito tempo para percibir a actitude exemplar do profesorado como traballadores do ensino, gastando forzas e tempo na procura do mellor entorno formativo para o alumnado nunhas condicións laborais, se cadra, pouco favorables. Os nosos parabéns!
Despois de percorrer o centro tivemos unha proveitosa xuntanza co equipo das actividades Erasmus (a maior parte, os compañeiros aos que fixen referencia). Un único punto nunha ilusionante orde do día. O punto? Un proxecto Erasmus conxunto entre, alomenos, os noso centros para o intercambio de alumnado. De resumirmos o asunto, poderíá dicirse que ven sendo un punto ao que habería que botar un caldeiro de traballo, pero que estaría moi, moi ben.
Para rematar, Paula marchou con Sara, profesora de clarinete, e eu con Paulo, profesor de Análise e Técnicas de Composición, primeiro, e con Sara, profesora de Formación Musical, o portugués Linguaxe Musical, despois.
(Premer en 'pechar', apagar o equipo, lavar os dentes, poñer o teléfono a cargar, quitar os lentes, apagar a luz, durmir)
As forzas non daban para moito máis!
O caso é que agora xa podería engadir o relato da segunda xornada, pero procurarei certo orde e rematarei esta entrada con esa aclaración á que facía referencia acerca raia que celebra xa non hoxe senón onte.
Como dicía, as cousas que mudan ao crruzar unha fronteira as veces son sorprendentemente máis das que podería agardarse. Pou unha banda, falamos desas terras fronteirizas nas que aínda algunhas cousas son verdadeiramente semellantes; por outra, resulta inevitable atopar outras del todo diferentes xa que, agregando obvias afirmacións, estamos noutro país.
Desta maneira comezaba eu a miña estadía no conservatorio; a comezaba baixo, se cadra, o suposto de que no caso do deseño das ensinanzas de música en Portugal existiría algo así como un currículo raiano. Pois non, non había nada diso, había un plan de estudos moi diferente e acerca do cal habería que adicar algunha atención, tarefa que lle correspondería levar a cabo ao profesorado pero tamén sen dúbida á nosa administración.
Ao longo do tempo, en moitas ocasións, teño pensado e mesmo imaxinado que persoa ou persoas tomaron determinadas decisións respecto ao noso currículo e, da mesma maneira, como se tomaron estas. Piano complementario para os non pianistas pero non un instrumento complementario para os pianistas. Cantar nun coro soamente quen non pode asistir á orquestra ou á banda. Materias optativas soamente no derradeiro curso do grao profesional. Linguaxe Musical soamente durante os seis primeiros cursos e non a longo de todos os estudos. Unha hora semanal de instrumento xa sexa un neno de oito anos que esta a comezar ou un de dezaoito que anda a preparar o acceso aos estudos superiores. Unha hora semanal de clase de coro. Un grao elemental que comeza aos oito anos. Unha distribución de materias e máis uns aspectos curriculares básicos que obrigan a que os estudos de harmonía precedan aos de contrapunto.
Poñamos por caso o piano complementario e o non instrumento complementario para os pianistas. Tomou a decisión unha persoa, dúas, unha ducia? Con que grao de celo pedagóxico se considerou o asunto? Cal foi o número de docentes aos que se lle pediu o seu parecer? Non quero avaliar nin cualificar todo isto con lixeireza. É posible que todo isto sexa o producto do certo disgusto que, respecto a determinados aspectos, me produce o noso currículo das ensinanzas de música.
Que atopei neste conservatorio? Un centro integrado e máis un deseño curricular no que, por exemplo, a materia de Formación Musical está presente en todos os cursos. Unha clase de coro na que non é preciso perturbar a Newton tentando levar a cabo nunha hora o que precisaría algunha máis xa que o seu profesorado dispoñe de catro horas semanais. Un tempo de clase individual de instrumento que vai incrementándose segundo avanzan os cursos ou uns estudos de contrapunto que preceden aos de harmonía, criterio que non hai que desbotar xa que é ben probable que a contaminación vertical, permitídeme a expresión, que padecen os nosos estudantes cando abordan o contrapunto estorbe máis que a que horizontal que padecerían de invertir a orde e comezar por este. Sen dúbida cómpre pensar como moito tino as decisións que van ir parar a unha lei orgánica, a un real decreto ou mesmo a un decreto; son para un considerable tempo e para un colectivo moi numeroso.
Por todo isto, esa raia que, por outra parte, é debuxada en boa medida polo noso benquerido río Miño, era celebrada por min. De non existir, nin mobilidade que desenvolver nin currículo que coñecer! Como lle pego á rima!
Cumprimentos!
A consideración, máis que obvia por outra parte, é a seguinte: terras raianas, terras fronteirizas, terras nas que todo anda un tanto mesturado e difuso. Pero, a pesar de todo, en que modo tan abrupto mudan moitas cousas ao pasar a raia! E aquí non vou enredar falando da invasión dos tarros de doce de cabaza nos andeis das tendas de alimentación ou como a noso martes muda en terça-feira; vou ir ao meu, corcheas e maís semicorcheas.
Antes, iso si, a segunda parte da miña petición: un parágrafo, ou dous, ou catro, para recoller os pormenores da xornada. Tentarei, tamén aquí, non prender nos detalles.O comezo do día? Pois, como escribía en Twitter: café, café, repaso e avaliación outra vez duns Clarks e máis un paraugas lowcost. Despois, autobús a Santiago, encontro coa miña compañeira de viaxe Paula, profesora de clarinete no conservatorio, e outra ración de coche de liña, agora xa, a Braga. Descarga de bagaxes diversos no hotel e un chuvioso e pedestre cuarto de hora para achegarnos ao conservatorio.
O recibimento, impecable! As profesoras Joana e máis Patricia, e o profesor Ricardo acolléronnos da mellor maneira posible: agasallo, tempo, amabilidade, atención, acompañado todo isto de paciencia co noso moi escaso portugués! Aínda que puidemos coñecer neses primeiros momentos tamén ao equipo directivo e a diferentes docentes e traballadores do centro, a primeira hora a pasamos percorrendo todos os espazos do edificio coñecendo ao mesmo tempo a moitos dos docentes do conservatorio. Aquí caberían xa unhas cantas consideracións, pero soamente direi que non nos foi preciso moito tempo para percibir a actitude exemplar do profesorado como traballadores do ensino, gastando forzas e tempo na procura do mellor entorno formativo para o alumnado nunhas condicións laborais, se cadra, pouco favorables. Os nosos parabéns!
Despois de percorrer o centro tivemos unha proveitosa xuntanza co equipo das actividades Erasmus (a maior parte, os compañeiros aos que fixen referencia). Un único punto nunha ilusionante orde do día. O punto? Un proxecto Erasmus conxunto entre, alomenos, os noso centros para o intercambio de alumnado. De resumirmos o asunto, poderíá dicirse que ven sendo un punto ao que habería que botar un caldeiro de traballo, pero que estaría moi, moi ben.
Para rematar, Paula marchou con Sara, profesora de clarinete, e eu con Paulo, profesor de Análise e Técnicas de Composición, primeiro, e con Sara, profesora de Formación Musical, o portugués Linguaxe Musical, despois.
(Premer en 'pechar', apagar o equipo, lavar os dentes, poñer o teléfono a cargar, quitar os lentes, apagar a luz, durmir)
As forzas non daban para moito máis!
O caso é que agora xa podería engadir o relato da segunda xornada, pero procurarei certo orde e rematarei esta entrada con esa aclaración á que facía referencia acerca raia que celebra xa non hoxe senón onte.
Como dicía, as cousas que mudan ao crruzar unha fronteira as veces son sorprendentemente máis das que podería agardarse. Pou unha banda, falamos desas terras fronteirizas nas que aínda algunhas cousas son verdadeiramente semellantes; por outra, resulta inevitable atopar outras del todo diferentes xa que, agregando obvias afirmacións, estamos noutro país.
Desta maneira comezaba eu a miña estadía no conservatorio; a comezaba baixo, se cadra, o suposto de que no caso do deseño das ensinanzas de música en Portugal existiría algo así como un currículo raiano. Pois non, non había nada diso, había un plan de estudos moi diferente e acerca do cal habería que adicar algunha atención, tarefa que lle correspondería levar a cabo ao profesorado pero tamén sen dúbida á nosa administración.Ao longo do tempo, en moitas ocasións, teño pensado e mesmo imaxinado que persoa ou persoas tomaron determinadas decisións respecto ao noso currículo e, da mesma maneira, como se tomaron estas. Piano complementario para os non pianistas pero non un instrumento complementario para os pianistas. Cantar nun coro soamente quen non pode asistir á orquestra ou á banda. Materias optativas soamente no derradeiro curso do grao profesional. Linguaxe Musical soamente durante os seis primeiros cursos e non a longo de todos os estudos. Unha hora semanal de instrumento xa sexa un neno de oito anos que esta a comezar ou un de dezaoito que anda a preparar o acceso aos estudos superiores. Unha hora semanal de clase de coro. Un grao elemental que comeza aos oito anos. Unha distribución de materias e máis uns aspectos curriculares básicos que obrigan a que os estudos de harmonía precedan aos de contrapunto.
Poñamos por caso o piano complementario e o non instrumento complementario para os pianistas. Tomou a decisión unha persoa, dúas, unha ducia? Con que grao de celo pedagóxico se considerou o asunto? Cal foi o número de docentes aos que se lle pediu o seu parecer? Non quero avaliar nin cualificar todo isto con lixeireza. É posible que todo isto sexa o producto do certo disgusto que, respecto a determinados aspectos, me produce o noso currículo das ensinanzas de música.
Que atopei neste conservatorio? Un centro integrado e máis un deseño curricular no que, por exemplo, a materia de Formación Musical está presente en todos os cursos. Unha clase de coro na que non é preciso perturbar a Newton tentando levar a cabo nunha hora o que precisaría algunha máis xa que o seu profesorado dispoñe de catro horas semanais. Un tempo de clase individual de instrumento que vai incrementándose segundo avanzan os cursos ou uns estudos de contrapunto que preceden aos de harmonía, criterio que non hai que desbotar xa que é ben probable que a contaminación vertical, permitídeme a expresión, que padecen os nosos estudantes cando abordan o contrapunto estorbe máis que a que horizontal que padecerían de invertir a orde e comezar por este. Sen dúbida cómpre pensar como moito tino as decisións que van ir parar a unha lei orgánica, a un real decreto ou mesmo a un decreto; son para un considerable tempo e para un colectivo moi numeroso.
Por todo isto, esa raia que, por outra parte, é debuxada en boa medida polo noso benquerido río Miño, era celebrada por min. De non existir, nin mobilidade que desenvolver nin currículo que coñecer! Como lle pego á rima!
Cumprimentos!

Comentarios
Publicar un comentario