Ir al contenido principal

Entradas

Destacados

Diferenzas sobre un currículo

Primeira xornada en terras portuguesas, primeira colleita de observacións e primeira tanda de consideracións. Onte, cun algo romántico desenfreo, estaba ben disposto a borrar a raia que divide horizontalmente o terzo occidental da Península Ibérica. Hoxe, moi ao contrario, estou a gozar das vantaxes dunha fronteira. A todo isto lle cómpre unha aclaración, ben o sei. En todo caso, permíteme, lectora ou lector, unha consideración máis e un breve percorrido polos acontecementos do día antes de achegarme ao asunto das fronteiras. A consideración, máis que obvia por outra parte, é a seguinte: terras raianas, terras fronteirizas, terras nas que todo anda un tanto mesturado e difuso. Pero, a pesar de todo, en que modo tan abrupto mudan moitas cousas ao pasar a raia! E aquí non vou enredar falando da invasión dos tarros de doce de cabaza nos andeis das tendas de alimentación ou como a noso martes muda en terça-feira; vou ir ao meu, corcheas e maís semicorcheas. Antes, iso si, a segunda parte...

Entradas más recientes

Borrando unha raia!